Compromiso coa protección de informantes

A Autoridade Galega de Protección da Persoa Informante (AGPI) dedícase a salvagardar a identidade e os dereitos daqueles que denuncian irregularidades. A través dun sistema seguro e confidencial, garantimos que cada comunicación sexa tratada cunha máxima seriedade e respecto. Alentar á cidadanía a dar o paso de informar é clave na nosa loita contra a corrupción e na promoción dunha sociedade máis xusta.

Coñece a AGPI
mail

Autoridade Galega de Protección da Persoa Informante (AGPI)

Qué é a Autoridade Galega de Protección da Persoa Informante (AGPI)?

É un órgano colegiado adscrito á institución da Valedora do Pobo, presidido pola súa titular, e integrado polas persoas titulares da Consellería Maior do Consello de Contas, a presidencia do Consello Galego de Relacións Laborais, a secretaría xeral da Valedora do Pobo e a secretaría da Comisión de Transparencia de Galicia, quen actúa como secretaría da Autoridade.

Máis información
Quen pode utilizar a canle externa de comunicacións?

Calquera persoa nun contexto laboral ou profesional pode denunciar infraccións do Dereito da Unión Europea, así como accións que afecten os intereses financeiros da UE ou que impliquen fraude fiscal ou administrativo.

Máis información
Dereitos e garantías da persoa informante

Pode denunciar de forma anónima ou non, garantindo a reserva da súa identidade, e facelo verbalmente ou por escrito. Tamén pode recibir ou renunciar ás comunicacións da AGPI, comparecer asistida por avogado e solicitar medios telemáticos. Ademais, ten dereitos en protección de datos e a coñecer o estado da investigación.

Máis información
Como comunicar unha información á AGPI

A comunicación pode realizarse por escrito, verbalmente por teléfono ou mediante unha reunión presencial. Existen dúas modalidades de comunicación: anónima, sen proporcionar datos de identificación, ou con identificación, permitindo manter contacto coa persoa informante.

Máis información
Protección á persoa informante

A protección á persoa informante inclúe a confidencialidade da súa identidade, asesoramento gratuíto e accesible, asistencia ante autoridades para protexerse de represalias, asistencia xurídica en procesos e, en casos excepcionais, apoio financeiro e psicolóxico. Todo isto, ademais da asistencia xurídica gratuíta cando corresponda.

Máis información
Dereitos e obrigas da persoa á que se atribúa a conduta comunicada

Dereito á presunción de inocencia e ao respecto á súa honra, confidencialidade durante o proceso, a ser informadas da admisión dunha denuncia (agás excepcións), a presentar probas e ser escoitadas, e a contar con asistencia legal. Ademais, poderán colaborar na comprobación de feitos e acceder ao expediente sen comprometer a identidade do informante.

Máis información
comunicación

Utiliza a nosa canle segura para comunicar infraccións de forma anónima ou identificada.

Preguntas frecuentes

Neste apartado pode atopar respostas para coñecer a Autoridade Galega de Protección da Persoa Informante (AGPI) e o seu funcioamento. Quen pode presentar denuncias, o tipo de infraccións que se poden denunciar e os mecanismos de protección para os informantes, entre outras.

Contacto
Que é a AGPI e cal é a súa función principal?
Quen pode presentar denuncias a través da AGPI?
Que tipo de infraccións se poden denunciar a través da AGPI?
Como protexe a AGPI ás persoas informantes?
Cales son os canles dispoñibles para presentar unha denuncia?
Que ocorre despois de presentar unha denuncia á AGPI?
A denuncia presentada á AGPI é anónima?